La Escuela Equipo de Trabajo

Equipo Docente: Cristina Domínguez, Sonia Méndez, Antía Otero,   Xus Raíndo, Paula Quintas, Seila Alvaré, Elea López, Ángeles Iglesias,  Javier García, Manuel Rodríguez, Carlos Neira.

Coordinación e Xestión:
Carmen Neira
Deseño Web: Miguel Castedo
Deseño Publicidade: María Noya
Técnico Audiovisual: Roi Fernández Fernández
Dirección: Carlos Neira

 

 


 

CARLOS NEIRA

Carlos Neira é titulado en interpretación pola Casoana (Centro de Formación e Investigación Teatral), Posgrao de Formación Actoral (especialidad de interpretación).
Cursou estudos de Formación de Formadores en Pedagoxía Teatral dirixido por Fermando Griffell, así como cursos de especialización en Formación Física do Actor (Eutonia e Feldenkrais).
Como docente funda e dirixe dende 1992 Espazo Aberto. Impariu cursos na USC no CGAC entre outros.
Como director funda en 1995 a compañía Nut Teatro coa que creou e dirixiu “Punto de Partida”, “Mudanzas”, “Tuanis”, “Me gusta que me lo hagas ….”, “Corpos Disidentes”, “A Mirada de Pier”, “4.48 Psicosis”, “Wake-Up”.
Axudantía de dirección do espectáculo “Tulipanes” de David Loira.
Dirixe e crea con Antía Otero varios espectáculos “Operatorio”, “Corporal” “Je T’aime”.
Traballa na Dirección de Actores na película “A Cicatriz Branca” de Margarita Ledo.
Crea varias Accións Performáticas para S8 Mostra de Cinema Periférico de A Coruña.


CRISTINA DOMÍNGUEZ DAPENA

Titulada pola RESAD (Real Escola de Arte Dramática e Danza de Madrid)
Completa a súa formación vocal como alumna de Jesús Aladrén na escola de teatro e música Tántara (Madrid), así mesmo recibe cursos de traballo vocal no Roy Hart International Center, Anduce , Francia; coa compañía Pantheatre en París e coa profesora de voz e canto, Susana Naidich, en Bos Aires (Arxentina).
Ten o titulo de mestrado en artes escénicas pola universidade de Vigo, na que está matriculada para realizar o doutoramento en artes escénicas.
A súa labor docente no campo da voz, desenvólvea como profesora de traballo vocal e expresión oral na escola de teatro e danza Espacio Aberto de Santiago de compostela, e na ESAD de Galicia, Vigo.
Tamén ten colaborado coa mesma asignatura na Aula de Teatro da Universidade de Compostela, cursos de posgrao da USC, A Artística Vigo (centro do que foi fundadora), etc.
Noa campo das artes escénicas, foi directora do Centro Dramático Galego do 2005 ao 2009.
Fundadora de A Factoría Teatro, na que dirixiu pezas de teatro textual ate a súa marcha no 2006, no campo da dirección de escena, a súa traxectoria inclúe una docena de espectáculos, firmando nos últimos años O regreso ao deserto, de B.M.Koltes, producida no Centro Dramático Galego; O Tío Vania de Chekhov, Premio María Casares de Teatro 2005 á mellor dirección teatral con A factoría teatro; Coitelos nas Galiñas Premio María Casares de Teatro 2002 á mellor dirección teatral, con A factoría teatro e A viaxe de Lola, premio "Pasarena" de teatro 1999 ao mellor espectáculo, en Logroño.
Realizou, así mesmo, a dirección escénica de espectáculos de danza contemporánea e musicais,
Publicou no 2005 o libro Técnicas de expresión oral. O uso expresivo da voz, na colección Biblioteca de Teatro, que coeditan a AGADIC y a Editorial Galaxia.


SONIA MÉNDEZ ALONSO

Sonia Méndez ten unha formación multidisciplinar no campo do teatro e o audiovisual.
Realizou principalmente estudos de interpretación en diversas escolas como Espazo Aberto en Santiago de Compostela, Centre de Estudis Cinematográfics de Catalunya en Barcelona ou o Postgrao en Interpretación e Arte Dramática da Universidade de Santiago de Compostela.
Dende o mundo da interpretación, a súa inquietude lévaa a instruírse noutros ámbitos. No Centre de Estudis Cinematográfics de Catalunya en Barcelona, seguiu cursos de Guión e Dirección de Actores. Na Escola Internacional de Cine e TV de Cuba estudou Construción Dramática e Guión. E na Escola de Imaxe e Son de Coruña formouse como Realizadora de Espectáculos e Audiovisuais. Ademais, actualmente traballa como docente na escola de interpretación Espazo Aberto (Compostela) onde imparte o curso anual para actores de "Interpretación diante da cámara".
Despois de escribir diversas curtametraxes para outros directores no ano 2008 escribe e dirixe a súa primeira curtametraxe "PERVERSA LOLA" que obtivo a mención especial do xurado e o premio para a mellor actriz ao seu protagonista Nuria Sanz no festival de Cans (Porriño). A súa segunda curtametraxe "LEO Y MARIO (SE DEJAN) " actualmente en distribución. Traballa ademais no guión da súa primeira longametraxe e escribiu o proxecto de serie para televisión "BADULAQUE". É ademais directora creativa da empresa OROBORO FILMS da que é membro xunto con Margherita Morello e Gael Herrera. Tamén é socia de CIMA (Asociación de Mulleres Cineastas e do Audiovisual) onde participa activamente dende Galicia.
Como actriz Sonia Méndez deuse a coñecer en Galicia no ano 2001 na serie "Terras de Miranda" á que logo seguiron outras series como " Os Atlánticos" producida por Filmanova e Continental e emitida tamén na TVG. Durante este tempo participou en longametraxes como
"Rafael" de Xavier Bermúdez, "Unha muller Invisible" de Gerardo Herrero e "Por min e por tódolos meus compañeiros" de Judas Diz; telemovies como "Phatagorubi" e "A rosa de Alexandría" de Rafael Monleón; outras series como "Rías Baixas" así como múltiples curtametraxes. Na actualidade está a preparar a longametraxe "O sexo dos anxos" dirixida por Xavier Villaverde e ten en proxecto varias Tvmovies.


 

 

ANTÍA OTERO

Antía Otero é licenciada en Historia da Arte Contemporánea pola USC, Máster en Historia e Estética do Cinema pola Universidade de Valladolid e formouse como actriz na Escola Espazo Aberto de Santiago de Compostela. A súa traxectoria é interdisciplinar polo que ven conxugando a escrita coa arte e a interpretación.

No campo da arte ampliou formación con varios cursos como: - Taller, Ciclo de cine e conferencias Ideas sobre cine con José Luis Guerín, - Representando mulleres: notas no tempo. Ciclo de conferencias sobre Nancy Spero, - Curso Taller de Cine Xéneros II, Xoves, sesión continua organizado pola AGAG, - Seminario / Taller Heterodoxias da pantalla. Transgresións do clasicismo cinematográfico dende a modernidade ao poscinema organizado por CGAI, - Master class con Marc Rappaport, Bruce Mcclure e María Cañas no (S8) Mostra de Cinema Periférico; coodinou as bolsas para artistas San Martiño Pinario, realizou o comisariado Compostelarte para o Auditorio de Galicia e ten elaborado diferentes textos para catálogos de arte e artigos para xornais.

Como escritora foi gañadora do VII Certamen Francisco Añón de Poesía co poemario "De porta un horizonte", publicou os poemarios individuais "O Son da Xordeira" (2003) en Espiral Maior e "(Retro) visor" (2010) en Edición Xerais e é Vicepresidenta da Asociación de Escritores en Lingua Galega.  No campo da escrita teatral realizou un Curso de escrita dramática e performance con Joseph Danan en Barcelona no marco da  Sala beckett e do Festival Grec e escribiu textos para os traballos " Unica escribiu a súa morte" e "Operatorio".

Como actriz realizou varios traballos en audiovisual entre os que destaca a serie de ficción "Os Atlánticos" producida por Filmanova e Continental, a tv movie "As Reliquias do Santo" producida por Bren, a longametraxe "Dous Fragmentos: Eva" dirixida por Ángel Santos e as curtametraxes: 24, Tabernario e Insula.

Imparte o obradoiro de nova creación "O ollo da arte" en Normal/Espazo de Intervención Cultural da Coruña e a materia de Teoría do Teatro e Novos Comportamentos Artísticos en Espazo Aberto.


SEILA ALVARÁ SAMPERIO

Monitora de actividades de animación á lectura na Bibliopiscina da piscina Municipal de Luou,Teo.
Profesora de Manualidades para adultos, Centro Sociocultural de Milladoiro, Biduído e Bertamiráns .
Profesora de Teatro para nen@s de Secundaria, Centro Sociocultural de Bertamiráns,Ames,Santiago.
Profesora Actividades para a dinamización da biblioteca, CEIP López Ferreiro, Santiago.
Profesora de Teatro para nen@s de Primaria. CEIP Lama de Abade, Santiago.
Profesora de Teatro de Primaria e Secundaria. Fundación María José Jove, A Coruña.
Profesora de Teatro para nenos de Primaria e Secundaria. Colexio Don Bosco. A Coruña.
Coordinación de cursos intensivos para a formación de Monitores de Tempo Libre. Escola de Formación Alquite. León.
Coordinación de colonias xuvenís, talleres, acampadas, excursións e actividades ao aire libre.
Formación académica
Curso Técnico en Audiovisuais, 544hs. CTV.S.A. Santiago de Compostela.
Tres anos interpretación e traballo corporal,Escola de Teatro Espazo Aberto, Santiago.
Master en Estudos Teatrais e Audiovisuais, Universidade da Coruña.
Certificado de Aptitude Pedagóxica(C.A.P), Univ.Complutense Madrid.
Licenciada en Filoloxía Hispánica, pola Universidade de Salamanca.
Área de lingua e literatura
A Linguaxe da Literatura, Cursos extraordinarios, Universidade de Salamanca. (35 horas)
A Escritura Creativa, impartido por José Luís Alonso de Santos. Cursos extraordinarios, Universidade de Salamanca. (40 horas)
Cine para ler: temas de literatura e cine, Cursos extraordinarios, Universidade de Salamanca. (40 horas)
Área de teatro e cine
Curso de Improvisación Teatral, Jorge Roda, Impromadrid, A Coruña.
Curso de Interpretación ante a Cámara, Sonia Méndez, Santiago de Compostela.
Curso de Clown, Walter Velázquez, Santiago de Compostela.
Curso de Commedia dell’arte, Carlo Bosso, Italia. Asociación cultural Manicómicos, A Coruña.
Curso de maquillaxe e caracterización teatral, con Andrea Curto, Arxentina. Asociación cultural Manicómicos. A Coruña.
Interpretación para Cine, Teatro e T.V, dirixido por Mariana Carballal, Universidade de Coruña.
Curso de Clown e improvisación,Victor Mosqueira, Universidade de Coruña.
Os Oficios de cine, Cursos extraordinarios, Universidade de Salamanca..
A linguaxe cinematográfica, Cursos Extraordinarios, Universidade de Salamanca.


ELEA LÓPEZ GRACÍA

Eleazar López formouse como actriz na Escola de Teatro e Danza Espazo Aberto de Santiago de Compostela entre os anos 2004-08. Ao longo da súa formación  asistiu a varios cursos e talleres de danza, técnica vocal, texto e acción contemporánea, clown, loita escénica, etc. con profesionais como Carlos Neira, Cristina Domínguez, Marta Pazos, Guillermo Weicket, Petra Hofmann, David Loira, entre outros.
Como actriz, e ás veces  como creadora, ven participando, dende o ano 2002, en diversos espectáculos infantís, contemporáneos, de rúa, etc  con compañías como Hipócrita Teatro, Nut Teatro, E-330, entre outros. E colabora en varias animacións infantís para traballar valores.
No ano 2010 crea a súa propia compañía de teatro infantil: GlupGlup Teatro, coa que ven realizando a obra Catalina Lino Lina.
Como formadora realiza as prácticas de Monitora de Tempo Libre con MiniMucho, no cole de La Salle, onde se traballan contidos artísticos con nenos e nenas de 3 a 11 anos; imparte clase de interpretación e expresión corporal nas escolas de modelos Expressions e Talentocom de Lugo,  é substituta en diversas clases de teatro para nenos e nenas e realiza cursos de expresión corporal e teatro para grupos amateurs.


XUS RAINDO

Actualmente imparte clases de JazzFunk, Comercial, lírico e preparación técnico- física en ESPAZO ABERTO (SDC) e Danza Clásica e Moderna en NAYADE Escola de Danza (Coruña). Dirixe ON;DANCE, escola itinerante de Baile Moderno.
Formada principalmente co mestre e coreógrafo MÁXIMO HITA(BCN) comeza a súa formación en BCN con Avelina Argüelles, JuanCarlos García, Ángels Margarit, Eva Bartumeu en Danza Contemporánea, Máximo Hita, Carl Paris (MDR) en ModernJazz, entre outros. Posteriormente en Dance Institute of Univ. Of Akron (OHIO) e STEPS (NY).
Trasládase a Canarias onde coreografía para El Triángulo de Cuatro Lados os musicais de HAIR, GREASE, CARNAVAL DOS ANIMAIS, HANSEL Y GRAETEL, entre outros.. Para Danzarote PETER PAN, ANNIE e ALALMA. Alí desenvólvese como docente traballando entre outros coa FUNDACION YEHUDI MENUHIN como artista MUS-L.
Actualmente reside en SDC onde desenvolve o seu traballo e segue en formación continua en novos estilos (con FIDEL BUIKA, KANGA (KULBIK), MARCOS, CRIS ADOITAR (C&C. BCN) Bárbara Fritsche, Carlos Alvés (Karen Taft, MDR), Alexis Fernández, MAZADURA (Coruña).

 


 

PAULA QUINTAS

Bailarina, artista visual, coreógrafa, docente y bailarina de cable contemporáneo.

Comienza sus estudios en la Universidad de Santiago de Compostela obteniendo una Licenciatura en Historia de las Artes Contemporáneas. Más adelante, se traslada a Londres donde se gradúa en Danza Contemporánea por el Conservatorio de Trinity Laban y también en Circo Contemporáneo por el departamento de Central School of Speech and Drama (Circus Space), especializándose en cable tenso. En su estancia en el padres británico trabaja en colaboración con diferentes artistas plásticos, coreógrafos, músicos y artistas multidisciplinares entre 2009-2012.

En el año 2010 recibe una subvención por la Diputación Provincial de Ourense para crear Projecto C-F Dance andén de danza interdisciplinar, donde comienza sus primeros trabajos de investigación en solitario, pero con la participación activa de Marta Alonso, y crean su primera pieza "10 gr.x 180 ml de agua.
En 2012, presenta su primer solo " Breakfast Accumulation", pieza inspirada en la artista surrealista Meret Oppeinheim y en la artista finesa Saara Ekström, donde los objetos cotidianos llegan a ser un ritual por medio del cuerpo.
Interesada en el espacio alrededor del cuerpo, y en su corporeidad, ese cuerpo suele un estado de- constructivo en sus performances e instalaciones por medio de un lenguaje en movimiento.
Por otra banda su trayectoria como docente comienza en 2007 en Santiago de Compostela, y en la actualidad imparte clases regulares de Danza contemporánea, Contemporary Ballet, expresión corporal y análisis del movimiento o Notación Laban, y su vez continúa su formación, asistiendo la workshops con Akram Kham, Kim Jones, Henri Oguike, Pere Faura y Paz Ruego entre otros

 


 

ÁNGELES IGLESIAS

Bailo tango dende 1992, é dicir, dende fai 20 años...Era moi nova, máis do que son agora, e o Tango supuxo para a min a apertura a un mundo que doutro xeito estaría vedado. Tiven a sorte de tomar clases e compartir "pista" con moitos dos grandes. Algúns xa non están, pero como contrapartida, varios dos meus compañeiros daqueles anos son agora Mestres.

En 1992 a Escola de Danzas da que formaba parte tivo a oportunidade de viaxar de Bos Aires a España e necesitabamos aprender o noso baile típico para representar a Argentina...Asì, case por accidente, comeza a miña historia co TANGO.

Foron os meus mestres entre outros: Claudia Bozzo, Gustavo Naveira, Daniel Colombino e Malena Colque, "Pepito" Abeledo, Juan Carlos Copes, Hugo Mingo, Fernando Galera e Vilma Vega, Demián García e Carolina Bonaventura (cando estaban xuntos e logo tamén separados...); Maia Gillart, Pablo e Dana, os integrantes de "A Labra" e en paralelo todos aqueles cos que bailei e bailei nas distintas milongas. A señora Nidia Viola, co-fundadora do Ballet Folklòrico Nacional, completou a miña formación en Tango e Danzas Tradicionais de Arxentina.
Formei parella de Tango con Alberto López Barrios e con el realicei distintas presentacións e din clases no Centro Cultural Cosmos, en Bos Aires.

Dende xullo do 2009 vivo en Santiago de Compostela, e dende outubro dese ano comparto o que sei do Tango dando clases en Espazo Aberto. Continúo investigando sobre o Tango Danza, a orixe e os efectos do movemento para seguir evolucionando no baile e mellorando a calidade das miñas clases.

Complementando esta formación estritamente "tanguera", cóntolles que dende os 4 anos estudiei Danzas Españolas coa señora Luisa Pericet. É por iso que puiden bailar Tango, Folclore Arxentino e Español en distintos escenarios, algúns tan importantes como o Teatro Colón de Bos Aires, o Teatro Presidente Alvear e o Teatro Avenida.
Como parte do meu "ser" actriz (para isto tería que escribir outro curriculum...), tamén estudei Expresión Corporal coa señora Susana Goñi, fundadora da carreira de Expresiòn Corporal no Instituto Universitario Nacional de Artes (Arxentina).